25.000 euros para o premio de narrativa Torrente Ballester

25.000 euros para o premio de narrativa Torrente Ballester

22 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Deputación da Coruña ven de convocar os seus premios culturais para o ano 2010, cuxas bases publícanse hoxe no Boletín Oficial da Provincia. Entre eles, convócanse os diferentes premios literarios promovidos pola institución provincial nos ámbitos da narrativa (para adultos e infantil e xuvenil), poesía e ensaio. O premio de narrativa “Torrente Ballester” chega este ano á súa vixésimo segunda edición, e contar&

A este premio poderán concorrer obras inéditas, escritas en galego ou castelán, de tema e extensión libres, que se presentarán baixo o sistema de plica, cun sobre aparte no interior do que se especificarán os datos persoais do autor e unha declaración expresa na que se certifique que a obra é inédita e non foi premiada con anterioridade. O prazo de recepción de orixinais remata o 1 de xullo e o fallo do premio farase público no derradeiro trimestre do ano 2010.

O “Torrente Ballester” é un dos premios literarios de maior categoría de cantos se convocan anualmente e entre a súa nómina de gañadores están reputados escritores como Luisa Castro, José María Merino, Carlos G. Reigosa, Manuel Rivas, Víctor Freixanes ou Milagros Frías, gañadora da última edición.

Ademáis do premio “Torrente Ballester”, que este ano coincide co centenario do nacemento do insigne escritor ferrolán, a Deputación da Coruña convoca tamén a VII edición do premio de literaratura infantil e xuvenil “Raiña Lupa”, a XV edición do premio de poesía “Miguel González Garcés”, e a VIII edición do premio de ensaio “Manuel Murguía” para ensiaos de carácter histórico relacionados con Galicia.

O prazo de admisión de orxinais para estes tres galardóns remata o 15 de abril e o fallo do xurado de cada un deles darase a coñcecer durante o segundo trimestre de 2010. Cada un dos galardóns está dotado cun premio en metálico de 6.500 euros, ademáis da publicación das obras premiadas. As bases dos premios poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (www.dicoruna.es/bopportal/ )

Sociedade