268.225 persoas

268.225 persoas

05 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En Galicia había, ao remate do mes de outubro 268.225 persoas sen emprego, 7.492 máis que o mes anterior. Así se anticipa o inverno do desemprego, logo de que na última xeira de meses se albiscasen, segundo o Goberno, brotes verdes aos que a chuvia debera axudar a agromar. Mais a realidade dos datos difundidos esta mañá polo Ministerio de Traballo é esmagante. O paro subiu na nosa comunidade un 2,87 por cento, un punto porcentual máis que no conx

Se facemos a comparanza cos datos de 2012, vemos que en outubro se contabilizaron 413 parados máis en Galicia que hai un ano, unha lixeira suba do 0,15 por cento. No total de España, pola contra, houbo unha rebaixa de medio punto porcentual, con 22.138 parados menos na evolución dos últimos doce meses, o dato máis positivo que podemos escoitar esta mañá.

Sociedade