3ª entrega da Historia de Mugardos

3ª entrega da Historia de Mugardos

15 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No 2009 chega a terceira edición da "Historia de Mugardos" de Juan Carneiro de Miguel Rodríguez Vázquez. No 2004 publicáronse duas edicións, pola grande demanda do libro. Agora, co repouso do tempo, a terceira edición chega ampliada.

A terceira edición, renovada, da Historia de Mugardos preséntase o sabado ás 12 no salón de plenos co Concello mugardés.  Os autores,  Juan Carneiro Rey e Miguel Rguez Vázquez, decidiron ampliar a investigación ao actual concello, aos 12,73 Km cadrados que comprende a demarcación administrativa do actual concello, coas catro parroquias de Mehá, Mugardos, Franza e Piñeiro, porque ata 1833 Mugardos non existe como concello.  

En maio do ano 2004 publicouse a 1ª edición da "Historia de Mugardos" e debido á gran aceptación e demanda, en xuño do mesmo ano publicase a 2ª edición. Nestes momentos, entre o Concello de Mugardos e a Deputación Provincial da Coruña fan posible que saia a luz unha 3ª edición renovada da “Historia de Mugardos”. 

Será outro historiador, o director de Radiofusión, Henrique Sanfiz Raposo, o encargado de presentar mañán a “Historia de Mugardos” xunto aos autores, cos que xa asinou no seu día a “Historia do Seixo”. O actos erá no Salón de Plenos do Concello de Mugardos, mañán sabado ás 12. No acto estará o alcalde de Mugardos, Xosé Fernandez Barcia. 

Sociedade