3 mortos nun accidente de tráfico esta mañá en Agolada

3 mortos nun accidente de tráfico esta mañá en Agolada

06 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

3 persoas morreron nun accidente de tráfico acaecido ás 7,30 desta mañá no quilómetro 151 da estrada N-640 entre Agolada e Lalín (Pontevedra). Un Citroen Xantia invadiu o carril contrario e colidiu contra un autobús de transporte escolar da empresa Meixide, no mesmo lugar no que se teñen producido xa numerosos sinistros, á altura de Ponte Vilariño.

Dous xovenes romaneses e un magrebí faleceron nesta colisión no termo municipal de Agolada. Fontes municipais indicaron que con toda probabilidade retornaban do seu traballo nunha granxa de polos da zona. Segundo confirmou a Policía Local, as tres vítimas mortais deste choque viaxaban no turismo que chocou, contra o bus escolar que nese momento ía con 2 ocupantes aínda que sen nenos.

Os cadáveres tiveron que ser rescatados do turismo accidentado por equipos de excarceración. As dez da mañá o xuíz ordenou o levantamento dos cadáveres. Mentres, os ocupantes do bus escolar, dous condutores, resultaron con feridas leves debido ao impacto e á rotura de cristais segundo confirmaron tamén desde a Policía Local de Agolada. Foron trasladados a un centro médico debido ao estado nervioso no que se atopaban.

Sociedade