32 artesáns mostran as súas pezas na exposición Encontros en xermade

32 artesáns mostran as súas pezas na exposición Encontros en xermade

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, da Consellería de Economía e Industria, presenta a exposición itinerante de madeira torneada que leva o título de “Contornos”. Unha mostra itinerante que remata o seu percorrido en Xermade, que se pode visitar na biblioteca municipal ata este domingo 13 de setembro. O final da esposición coincidirá tamén co remate da IX edición do Encontro de Torneiros en Galicia, que

A mostra denominada “Contornos” recóllese nun catálogo a través das fotografías realizadas polo torneiro Fernando Vérez. “Contornos” é unha escolma de 56 pezas de 32 artesáns que participaron no VIII Encontro de Torneiros.

Ademais, na exposición inclúese o resultado do traballo en equipo do torneiro Fernando Vérez e mais da cesteira Idoia Cuesta. Deste xeito, ponse de manifesto que as actividades artesanais non son compartimentos estanco senón que se poden enriquecer unhas con outras para crear pezas sorprendentes e con identidade propia. Na mostra destaca tamén unha obra conxunta creada a partir das achegas de todos os artistas participantes no Encontro de Torneiros e que está formada por pezas de diferentes madeiras.  

Arte e artesanía combínanse na segunda edición desta exposición que ofrece unha ollada diferente no sector da tornería. Unha oportunidade única para impulsar a liberdade creativa dos torneiros e un espazo onde calquera deseño sexa posible a través das técnicas do torneado artesanal da madeira.

En canto ao Encontro de Torneiros en Galicia está previsto contar con tres poñentes franceses de recoñecido prestixio. Amáis sobrancea  a presenza do torneiro, galego Manuel Castro, que se encargará tamén de impartir un dos seminarios. Ao remate do Encontro daranse a coñecer as pezas que conformarán a terceira exposición itinerante de tornería, que serán seleccionadas polos propios artesáns participantes no Encontro.

Cultura