3,33 Millóns de euros para as Prazas de Abastos e os Centros Comerciais Abertos

3,33 Millóns de euros para as Prazas de Abastos e os Centros Comerciais Abertos

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Esta nova liña ven a potenciar a actividade do pequeno e mediano comercio, un obxectivo estratéxico do Goberno galego, establecido no Plan Ágora-Agora re-Comercia, dotado con case 130 millóns de euros. Con esta iniciativa veranse favorecidos 7.930 postos de traballo en 42 concellos galegos. Contémplanse un incremento da porcentaxe subvencionable de ata 70%, fronte ao 60% anterior, e os beneficiarios poderán recibir un anticipo do 25%.

Esta orde xa resolta introduce novidades como a inclusión dos xerentes dos Centros Comerciais Abertos na nova Rede de Dinamización Comercial, ou a constitución, por primeira vez, dunha xerencia profesional para as Prazas de Abastos. Fomentarase a dinamización e ra ehabilitación dos Centros Comerciais Abertos e das Prazas de Abastos, a través do apoio ao financiamento dos gastos das unidades xerenciais, ao desenvolvemento de sistemas de fidelización, e á mellora da sinalización e da dinamización comercial.

Por outra banda modifícaranse os criterios de valoración, outorgando especial importancia ao emprego de materiais ecolóxicos e reciclables en embalaxes ou bolsas, a adopción de medidas de redución de impacto ambiental, e aos establecementos que teñan implantada a norma de calidade de servizos para o pequeno comercio.

Sociedade