35 equipos participan no Torneo de fútbol 7 de Redondela

35 equipos participan no Torneo de fútbol 7 de Redondela

24 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

35 equipos participarán esta fin de semana no primeiro Torneo de Fútbol 7 senior de Redondela.
O campo de Santa Mariña acollerá esta fin de semana o primeiro Torneo de Fútbol 7 senior organizado por ex xogadores do fútbol base de Redondela en colaboración con varios establecementos comerciais e hostaleiros da vila e a Concellería de Deportes.

A iniciativa parte dun grupo de afeccionados que, segundo explicaba Diego Soto “levábamos tempo acudindo a torneos doutras localidades e entendemos que aquí hai afección suficiente como para garantir a participación e a asistencia de público”.

De feito, estiman que a participación será de 35 equipos que deberán pagar unha cota de 130 euros.
A organización establece un premio para os catro primeiros clasificados así como ao equipo menos goleado e haberá tamén un recoñecemento para o mellor xogador. O sábado disputaranse os encontros da fase grupo sendo o domingo a fase final. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata mañá xoves. Os interesados poden informarse na páxina web www.redondelaf7.es.nf ou ben no teléfono 661 061 239

Deportes