400 quilogramos de churrasco

400 quilogramos de churrasco

29 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Disque dende os anos oitenta xeneralizáronse as churrasquerías en cidades, vilas e estradas de Galicia. A carne á grella conectou ben coa persoalidade galega e hoxe non hai festa que se precie que non conte cun bo posto de churrasco. A Festa do Cabalo de Magalofes non ia ser menos.

Nun dos postos instalados na campa das Queiras en Magalofes, servíronse arredor de 300 racións de churrasco. O menú composto por empanada, churrasco, pan, viño e auga vendeuse ao prezo de 10 euros.

Sociedade