40.000 persoas espéranse na Feira do Queixo 2009

40.000 persoas espéranse na Feira do Queixo 2009

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Queixerías de Francia, Italia e Valladolid xa confirmaron a súa asistencia á 34ª edición da Festa do Queixo de Arzúa que este ano se celebrará o sábado 14 e domingo 15 de marzo. O recinto feiral permanecerá aberto en horario ininterrumpido, o primeiro dia de 11 da mañá a nove da noite. O domingo abrirá ás 10 da mañá e pechará á mesma hora. As persoas e empresas que desexen concurrir como expo


Pódese facer ese trámite a través do teléfono 981 500 000, extensión 35, antes do 27 de febreiro. Este é un requisito imprescindible para as adxudicacións dos stands, que se outorgarán por orde de inscrición. Durante os días da feira, non se permitirá a entrada a ningún expositor que non teña feita a reserva por esta canle.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento.

Monste Varela será a pregoeira

Precisamente no recinto celebrarase este ano o pregón, será o sábado 14 de marzo, ás 13.00 horas. A encargada será a investigadora arzuana Montse Varela, gañadora do XI Premio de Investigación 2006 Xesús Ferro Couselo convocado polo Concello de Valga. A obra Convivencia entre natureza e superstición na tradición popular galega, con limiar do antropólogo X. Manuel González Reboredo, atópase dentro da especialidade de etnografía e antropoloxía e representa unha importante achega á tradición oral nas terras de Galicia. No ano 2005 obtivo o premio Vicente Risco co traballo Na memoria do pobo. Oficios, contos e cantigas e no 2003 publicou o libro de literatura infantil titulado Cantos contos nun tris tras.

Montse Varela, traballadora social vencellada desde sempre a numerosas asociacións culturais, é recoñecida polo seu labor no eido da antropoloxía. As súas investigacións feitas con rigor e dedicación parten do principio etnográfico da observación directa e a reproducción de informes dos actores da cultura oral que recolle con plena fidelidade.

A súa labor cara ao desenvolvemento do rural ou a defensa do patrimonio etnográfico son unha parte fundamental do seu traballo que comparte con outra das súas debilidades, a poesía, unha paixón a que se dedica desde os once anos.
A festa do queixo de Arzúa é un proxecto integral de transformación do rural que pretende potenciar o noso patrimonio desde o criterio da identidade. Aspectos como a tradición, a cultura e o turismo, entre outros, xeran un valor económico e social que a converten nunha cita fundamental para vila e comarca.

A cultura do rural tomará forza universal os vindeiros días 13, 14 e 15 de marzo, Arzúa e o seu queixo serán os protagonistas durante unha fin de semana, que espera converterse en destino verde de preto de corenta mil persoas durante os tres días.

Cultura