500 discapacitados no Camiño de Santiago

500 discapacitados no Camiño de Santiago

14 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arredor de 500 discapacitados chegarán o vindeiro domingo a Compostela, despois de realizar o camiño de Santiago. Participan nunha iniciativa de Special Olimpics que pretende fomentar a convivencia e trazarse un reto deportivo e humano. Realizan un total de 7 rutas, percorrendo os diferentes camiños que confluen na Praza do Obradoiro.

O vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, despedíu en Neda esta mañá a un grupo de 50 pelegríns, con discapacidade intelectual, e membros da agrupación Special Olimpic. Este é un dos equipos, o que percorrerá o camiño inglés de Neda a Compostela pero paralelamente saen outros grupos con discapacidade intelectual por outras 7 rutas a Santiago, ata un total de 500 que chegarán o domingo 20 á catedral.

Special Olimpic é unha asociación internacional que fundara a familia Kennedy e que se adica a fomentar o deporte entre as persoas con discapacidade intelectual. O Xacobeo é unha boa disculpa para convivir e de paso trazarse un reto deportivo, segundo palabras do directivo de Special Olimpic, Elías Palacio.
Para esta iniciativa contan coa colaboración da Xunta, dos concellos e da Deputación provincial de A Coruña. O vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, estivo esta mañán con eles no punto de partida, no concello de Neda. Declaraba que o Xacobeo convoca a moito tipo de xentes e dende a Deputación apoian tanto as iniciativas sociais como as máis turísticas. En pleno ecuador do Xacobeo o Camiño inglés aumentou sensiblemente o numeros de pelegríns doutros anos, segundo afirmou.

A primeira etapa deste grupo partía ás 11 da mañán de Neda para acabar en Miño. O domingo encontraranse cos demais grupos e celebrarán en Santiago un xantar de confraternidade.

Sociedade