5.000 clientes depositaron o voto pola mellor tapa de Fene

5.000 clientes depositaron o voto pola mellor tapa de Fene

27 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os hosteleiros de Fene están de noraboa , despois da entrega de premios do IV Certame de Tapas Concello de Fene. Tamén os gañadores da Fenerruta que o sorteo realizado esta mañán determoinou que foran: Diego Regueiro de Barallobre; Roberto Sampayo de Fene e Lorena Martínez de Barallobre.
O alcalde de Fene, agradeceu aos 14 participantes o seu esmero á hora de elaborar os petiscos cada fin de semana mentras durou o concurso. A cafetería Lembr

O primeiro premio no apartado tradicional foi para o restaurante xavier Amor e o segundo para o ambigú do CMI Unidade de Fene. Laura do Lembranza estaba moi contenta e agradecida. O propietario do Xavier Amor, non era menos. O seu prato “Callos a lascas” herdouno da avoa da sua muller.

As cifras falan de que o Certame de Tapas do concello de Fene vai a máis. 5.000 tarxetas depositáron os clientes nas urnas  e 150 persoas completaron a Fenerruta. Son os datos facilitados pola Asociaicón O Cruceiro, organizadora da cita. O alcalde de Fene, felicitou aos premiados pero agradeceu a participación a todos. O obxectivo, dixo Iván Puentes, está cumprido, “conseguindo que
os veciños e foráneos visiten os nosos establecementos”.

Ao final do acto, celebrado esta mañán no CPS de San Valentín, houbo entrega de premios e diplomas, foto de familia e degustación das tapas concursantes que cada establecemento achegou para dar por finalizado o certame.  Tamén se sortearon os tres premios entre as persoas que completaron a Fenerruta, consistentes en tres fins de semana en casas de turismo rural. Foron para: Diego Regueiro, de Barallobre; Roberto Sampayo de Fene e Lorena Martínez, de Barallobre.
Tamén se sortearon 10 bonos por valor de 20€ e 4 de 25€ que os agraciados-as poden gastar en calquera establecemento da asociación "O Cruceiro" de Fene. 

Sociedade