5.000 euros en premios para o sábado de Piñata

5.000 euros en premios para o sábado de Piñata

18 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes organiza para o próximo sábado, “Sábado de Piñata”, un desfile e concurso de disfraces. Uns actos que darán comenzo arredor das cinco da tarde co pasarrúas polas principais rúas do pobo ata chegar ao campo da feira onde se celebrará o concurso. O prazo de inscrición para o certame estará aberto ata o próximo venres día 19. Entregaránse máis de 5.000 euros en premios aos mellores

Ordes xa celebrou o pasado martes unha gran festa de entroido para os máis pequenos do municipio. Unha “Tarde de Entroidada” na que participaron centos de nenos e nenas que ataviados cos seus disfraces puideron participar en diferentes obradoiros de máscaras, maquillaxe e globoflexia ademais de disfrutar cos xogos e contos que animaron a tarde.

Aínda que os actos daban comenzo na Alameda, a choiva obrigou a trasladalos ao local cultural da rúa Reconciliación, onde os pequenos presumiron de disfraces e disfrutaron coas actividades organizadas polo Concello.

O concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña, mostrou a súa satisfacción polo éxito acadado nesta festa e a alta participación de nenos e nenas do municipio.

Sociedade