5000 persoas na fogueira centenaria de Ferrol

5000 persoas na fogueira centenaria de Ferrol

23 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unhas 5000 persoas pasarán esta noite pola lumeirada do Campo de Batallóns e unhas 1500 quedarán a xantar as sardiñas dende as 8 da tarde.  O grupo Os Zares actuará ás once e media desta noite en Esteiro. Forma parte dos actos da fogueira que dende hai máis de 100 anos se encende no campo de Batallóns, organizada nos últimos 10 pola asociación veciñal coa colaboración do Concello de Ferrol.

A AVV de Esteiro aproveita a celebración do San Xoan para amosar o seu barrio, cheo de historia en todolos recunchos. Ás 6 da tarde iniciase a visita guiada dende a praza de Santo Amaro, diante da policia. Durará aproximadamente unha hora. No momento do encendido da lumeirada subirán ao ceo uns fogos de lucería. Será só unha das moitas lumeiradas que se encenderán a partir das once desta noite en multitude de puntos da comarca.

A como van as sardiñas?

Entre onte e hoxe as peixerías e os mercados non pararon de vender cara á noite de San Xoan. Ademais os vendedores aseguran que a calidade é excelente e está a punto para asar porque en agosto ten demasiada graxa e cae máis pesada. É a opinión dun experto, Manuel Hermida, que vende en Pumido- Mugardos. O abuso dos prezos da sardiña anos atrás, levou a moita xente a sustituila polo churrasco. A preocupación máis relevante esta mañán na rua era ¿a como van as sardiñas? E xa podemos decir que a venda vai estupendamente este ano e dos prezos non hai queixa: vai a 2,90 €  Houbo cantidade de peixe este ano e a crise recomenda non abusar, segundo as peixerías.

Tradición

Nove veces hai que saltar a fogueira recitando os benefícios que desexas ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
Nesta noite hai que poñer hervas medicinais e aromáticas con água, deixadas nunha tina ao rocio da noite e lavar a cara con elas á mañá. Son dous requisitos moi arraigados no noso país para iniciar unha nova andaina vital.
O San Xoan, o solsticio ou as sardiñadas, como prefiran, é obrigadamente o primeiro argumento deste tempo das noticias en radio Fene.

Sociedade