65 mil euros para embelecer o casco urbano de Boiro

65 mil euros para embelecer o casco urbano de Boiro

18 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro realizará un investimento de 65.000 €, na zona urbana da vila, onde se produce a maior concentración de comercio local. Esta actuación enmárcase na liña de subveción para o apoio ao pequeno comercio, para mellorar a estética e seguridade viaria do casco urbano. A área na que se intervirá é comprendida, en sentido Norte - Sur, entre a Rúa Principal, Avda. da Constitución, e en sentido Este - Oeste, en

As obras a realizar no casco urbano de Boiro comezarán o 20 de setembro e rematarán o 20 de novembro. Dous meses de traballos que afectarán a tres áreas principais. A primeira, consistirá en operacións de xardinería, coa posta en valor dos maceteiros verticais, centros florais, e árbores, que, sobre todo nas fins de semana, sofren actos vandálicos, e que se someterán a unha importante renovación.

O pintado de pasos de peóns será a segunda das actuacións. Pintaranse a totalidade dos pasos de peóns da área descrita, con pintura en pasta e perlita Antiesvarante e reflectante, do mesmo xeito que se ven realizando en cidades coma A Coruña, Vigo ou Santiago. Este sistema mellora a seguridade viaria e prolonga a duración da pintura, reducindo polo tanto os labores de mantemento.

Outro dos apartados cos que se reformar o casco urbano de Boiro é a colocación de elementos cubra-contenedores. Ademais das dez illas soterrados que o Concello executou no centro da vila nos últimos catro anos, instalarase un elemento protector para os contedores que aínda quedan en superficie. O deseño, realizado polo arquitecto Emilio Piña, está realizado a base de elementos verticais de aceiro inoxidable e granito gris Barbanza, con pezas gravadas e rematadas en vermello inglés, co escudo e logotipo do Concello. En total colocaranse 16 elementos cubra-contenedores, nove repartidos ao longo da Avda. da Constitución e os sete restantes nas rúas transversais.

A finalidade destas actuacións é potenciar a imaxe das rúas que acollen a maioría do comercio da localidade, aportando seguridade viaria, e unha estética moderna e agradable. Un valor engadido para o potencial visitante e cliente do comercio boirense.

Sociedade