A 7ª Feira Ecolóxica convertirá Arzúa nun mercado verde

A 7ª Feira Ecolóxica convertirá Arzúa nun mercado verde

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A 7ª Feira Ecolóxica de Arzúa celebraráse os días 2 e 3 de outubro no Recinto Feiral da mesma localidade (rúa Padre Pardo s/n). Arzúa converterase de novo nun grande mercado verde onde se darán cita perto de medio cento de expositores/as de produtos ecolóxicos, mediciñas alternativas, colectivos sociais, postos de artesanía...

Ademais, os organizadores programan un amplo catálogo de actividades entre as que se inclúen obradoiros formativos, exposicións, charlas e teatro. Unha ampla programación infantil desenvolveráse parella á feira para lograr unha maior implicación social coa ecoloxía e o medio ambiente. Actividades para  todos os públicos que, un ano máis, converten Arzúa no epicentro ecolóxico galego. Organiza a Feira  a Cooperactiva, contando coa colaboración do Concello arzuán.

Cultura