7 de febreiro Dia dos Medios en Galego

7 de febreiro Dia dos Medios en Galego
07 de Febreiro, 2019 - 08:28 h. | Publicada por Radio Neria

Máis de oitenta medios de comunicación renovan diariamente o seu compromiso co idioma galego. Para darlles visibillidade a todos eles, naceu o Dia dos Medios en Galego, data na que se conmemora a aparición do primeiro número de O Tio Marcos da Portela, periódico impulsado por Valentín Lamas Carvajal e que logrou un notable éxito na época, pola utilización do humor, de novos xeitos de distribución e pola conexión cos problemas da xente con menos recursos.

II Gala dos Medios en Galego. Pontevedra. 2019

Dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) queremos celebrar o Día dos Medios en Galego con todos os que utilizamos a nosa lingua como vehículo principal de comunicación.

 

Como sabedes o 7 de febreiro, co gallo da saída da primeira publicación realizada integramente en galego, O Tío Marcos da Portela, hai xa 143 anos, celebramos dende o ano pasado esta data. Un Día ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego. Un Día que nos serve de fío condutor para realizar as nosas campañas de sensibilización, e concienciación da necesidade de manter medios que manteñen viva e útil o noso idioma. 

O pasado sábado 2, celebramos en Pontevedra a II Gala do Día dos Medios en Galego, coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento, apoiado por diferentes administracións, que nos serve de punto de apoio para o resto de actividades da asociación. Adxunto unha imaxe dos representantes dos medios que estivemos o pasado sábado na Gala. Adxunto tamén a imaxe da campaña #maisquepalabras.

 

Adxuntamos esta pequena nota para que todos os medios nos fagamos eco deste Día, dando conta de que a unión de máis 80 medios é un potencial que non podemos obviar ante o esquecemento das administracións.

Máis 80 medios (moitos atopados por certo coa axuda da brava xente de agora.gal) en todos os formatos (radio, prensa impresa, prensa dixital, revistas, TV) e de todos os eidos (actualidade, cultura, deportes...)

 

 

MEDIOS EN GALEGO (activos en febreiro 2019)

40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A que cheira, papá?, A Voz de Vilalba, A Trabe de Ouro, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, Grial, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.

Cultura

Publica o teu comentario agora