700 sinaturas a prol da eliminación das barreiras arquitectónicas do Colexio Castelao de Ordes

700 sinaturas a prol da eliminación das barreiras arquitectónicas do Colexio Castelao de Ordes

08 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Membros da ANPA do Colexio Castelao de Ordes entregarán no rexistro da Xunta de Galicia máis de 700 cartas firmadas, o vindeiro martes 10 de novembro. Nelas esíxenlle á dirección xeral de Educación acabar coas barreiras arquitectónicas que presenta o centro. Tales carencias imposibilitan o acceso dalgúns alumnos a actividades como música, os laboratorios oua ás aulas de lingua extranxeira.  

No escrito tamén se deixa constancia da singuraridade que presenta o Colexio Castelao ao ter alumnos procedentes de dez nacionalidades distintas. Por este motivo precísase de medios materiais e humanos que aseguren unha atención e apoio adecuados cos que non se conta ata dagora.

Demándaselle á Xunta a instalación dun ascensor para que tódolos estudantes poidan moverse libremente polo centro e acceder a calquera das aulas. Tamén se require dun estudo das necesidades en materia de profesorado de atención á diversidade ou de apoio.

 

 

Sociedade