8 de xuño: folga do traballo público

8 de xuño: folga do traballo público

07 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores da administración pública encaran a folga do 8 de xuño como resposta ás medidas aprobadas polo goberno, polas que se rebaixan os seus salarios unha media do 5% e se conxelan o ano que ven. Os sindicatos chamaron ao paro o martes 8 de xuño en todolos centros públicos onde se prevé que só funcionarán os servicios mínimos. Sanidade, Ensino, concellos, administración privincial e autonómica, Arsenal

Os sindicatos coinciden en calificar a medida decretada polo goberno como de "Fácil" e "Inxusta" cun colectivo que leva perdendo poder adquisitivo dende hai 25 anos. Julio Codesido de CCOO afirma que o mal chamado "funcionariado" xa non é o dos anos 50. Hoxe, por exemplo, o 40% de traballadores da administración local son traballadores temporais e na Administración autonómica a tendencia é o aumento do traballo en precario. Con respecto aos salarios, os traballadores públicos percíbennos de todo tipo, de menos de mil euros e de pouco máis desa cifra, son os máis deles.

Na comarca de Ferrol os piquetes informativos sairán a informar nos centros de traballo. No servicio á cidadanía calcúlanse uns 3000 traballadores susceptibles de acudir á fiolga pero despois están a sanidade e o ensino que agrupan a moita xente. A Residencia Arquitecto Marcide é un dos centros con máis traballadores públicos concentrados.

A CIG emitia esta mañán un comunicado enumerando un sinfín de medidas que podía tomar o goberno menos lesivas para os traballadores e traballadoras: a supresión das Deputacións, o recorte no gasto militar, a supresión dos plus a altos cargos ou as subvencións á Igrexa católica, son as menos delas.

Sociedade