8 persoas con discapacidade achegánse ao mundo da vela

8 persoas con discapacidade achegánse ao mundo da vela

28 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un grupo de 8 usuarios de COGAMI Ferrol e da Asociación de Síndrome de Down Teima, recibirán clases de navegación no Club Náutico de Ares. Será o luns e o martes da vindeira semana cando estas persoas reciban indicacións sobre este deporte náutico.

O curso forma parte do Proxecto Galicia Vela Adaptada de COGAMI. Esta vez o obxectivo é poñer en marcha  unha “Escola de verán para todas e para todos” coa que achegar os deportes náuticos ás persoas con discapacidade. Este é un claro exemplo de integración social e tamén quere servir para sensibilizar á opinión pública sobre o importante papel que desempeñan estas persoas na osa sociedade, así como axudalas no seu crecemento persoal.

Sociedade