80 postos no I Mercado Xusto en San Sadurniño

80 postos no I Mercado Xusto en San Sadurniño

26 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O primeiro Mercado local Xusto de San Sadurniño - A Coruña- contará con 80 postos. Celebrarase na mañá do domingo na praza do concello e no contorno do convento do Rosario. Produtos frescos, produtos transformados, artículos de segunda man, artesanía... todo terá o seu sitio no Mercado local xusto que organiza o Concello para a mañá deste domingo. O seu obxectivo principal é conectar mellor a pequena produción e comerci

Outro obxectivo é recuperar o espírito das feiras de antano a través dun mercado de proximidade adaptado aos novos tempos. Se funciona marcaríase un calendario fixo ao longo do ano que veña complementar os outros dous grandes encontros organizados polo Concello, a Feira da Plantación e a Feira Rural.

Por actividade cóntanse 19 postos relacionados coa produción, son viveiros, labregos, comercializadores de excedente e produtores ecolóxicos. Outros 34 serán postos de artesanía e os 27 restantes serán expositores non profesionais de artigos de segunda man, aínda que este apartado está máis orientado ao troco que á venda.

O I Mercado local xusto de San Sadurniño está impulsado pola Concellaría de Cultura, Participación veciñal e Turismo. O seu titular, Manolo Varela, indicou que a cita "quere converterse tamén nun novo argumento que axude a dinamizar a economía local". Varela explica que o mercado "beneficiará tanto aos pequenos produtores como aos locais hostaleiros.

Sociedade