84 bandas diante de 50.000 persoas, a Gran Parada de Lorient

84 bandas diante de 50.000 persoas, a Gran Parada de Lorient

11 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Festival Intercéltico de Lorient ven de rematar e o grupo Airiños de Fene  xa regresou. O seu presidente, Valentín García, pasou esta mañá polos estudios de Radiofusión para facer un balance desta experiencia que de seguro, enriqueceu culturalmente aos integrantes do grupo fenés.

Este ano foi o primeiro no que Airiños de Fene participou na Gran Parada, que consiste nun desfile polas rúas de Lorient, e no que participaron 84 agrupacións ante as miradas de 50000 persoas. Toda unha experiencia. Valentín García quixo tamén agradecer ao concello de Fene e á concellería de cultura e deportes a súa colaboración para que a agrupación puidese desprazarse e participar neste festival intercéltico.

Sociedade