87 anos e moita ilusión no Camiño de Santiago

87 anos e moita ilusión no Camiño de Santiago

22 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

87 anos e moita, moita  ilusión. Ese é o equipaxe dunha muller de Sillobre que está a percorrer o camiño de Santiago. Forman un grupo de 9 mulleres e 1 home e hai quince dias iniciaron o camiño que realizan por etapas. Esta tarde farán o percorrido que separa as localidades de Bruma e Ordes.

Marina Seco, de 87 anos non precisou dunha preparación especial para abordar o camiño de Santiago de Compostela. Ela é dunha familia de deportistas e todos os dias cun grupo de veciños dan conta dun bo paseo entre as parroquias de Sillobre e de Fene. Conta con folgos para subir e baixar costas, e o dia de hoxe será un pouco especial para ela. Onte á tarde reuniuse coa súa familia para celebrar o seu cumpreanos. Naceu o 21 de maio de 1923 na cuneta da curva de Santa Ana, cando a súa nai volvía da feira da Viña en Irixoa. Avisaron ao seu pai que foi cun carro recoller a nai e máis a filla cun carro. Esta tarde botaráse a andar para ventilar un novo treito do camiño de Santiago.

Sociedade