9 millóns de euros para 9 empresas, denuncian os socialistas

9 millóns de euros para 9 empresas, denuncian os socialistas

05 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O deputado pola provincia de Ourense Pablo López Vidal salienta a ineficacia do Impulsa Ourense que segundo a Xunta investiu case 35.000 euros por cada posto de traballo creado en 9 empresas ourensáns.  López Vidal sinala que a Xunta de Galicia vén de descubrir os obxectivos e a maneira de funcionar do fantasma "Plan Impulsa Ourense", xa que na resposta da Xunta a unha iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario Socialista, pódese comprobar que os 9

“As conclusións son demoledoras e desalentadoras: 1 millón de euros a repartir para cada empresa, para crear unha media de 29 postos de traballo por cada empresa”, explica.

 

Dos datos aportados pola Xunta despréndese unha media de investimento de fondos públicos por posto de traballo de 34.615,38 € (5.759.515 de pesetas), o que para López Vidal é absolutamente desproporcionado porque se trata de poñer en marcha políticas activas de creación de emprego, non de subvencionar o soldo dos traballadores, que neste caso sae moi caro á cidadanía”.

 

Neste sentido, o parlamentario socialista indica que “o Plan Impulsa é un engano á cidadanía, un engano máis grave aínda pola situación de crise e de paro que a provincia de Ourense vive neste momento”.

 

Ademais, lembra que “os socialistas denunciaron en reiteradas ocasións a tomadura de pelo que é o Impulsa para os ourensáns”, e anuncia que “ante as incógnitas da resposta facilitada pola Xunta de Galicia, os socialistas seguiremos demandando explicacións sobre a xestión deste plan económico na provincia de Ourense”.

 

O deputado pregunta “cómo pode explicarse que un posto de traballo sexa subvencionado por máis de cinco millóns das antigas pesetas?” e que “sexan só 9 empresas ou proxectos empresariais os que se repartan a fondo perdido 9 millóns de euros?”.

 

“Estas cuestións deberán ser clarexadas polo Goberno do Partido Popular”, apunta.

 

López Vidal critica “a priorización de grandes proxectos de emprendemento, pensados e comprometidos para xerar postos de traballo fixos”, e afirma que esta achega de fondos non concorda coa manipulada austeridade dos actuais xestores conservadores da Xunta de Galicia”.

 

Por último, pregunta “cando se poderán evaluar os froitos desta importante achega de fondos públicos?”.

Sociedade