Aí ven o Maio de froles cuberto

Os centros escolares xúntanse en Ferrol para festexar os Maios
08 de Maio, 2019 - 10:23 h. | Publicada por Radio Fene

Teatro dos Ghazafelhos  e Pakolas farán as delicias dos escolares en Ferrol na mañá do venres 10 de maio.

ESCOITA O PODCAST:

Ferrol celebra os Maios por cuarto ano consecutivo baixo o lema “ Ferrol de flroles cuberto” A festa será o venres dia 10 na Praza de España entre as 10,30h e as 12,30h.

Un total de 14 centros escolares presentarán as súas esculturas florais e cantarán, danzarán e lerán os seus textos e músicas. Todo baixo unha grande carpa ubicada na Praza de España. Os actos contemplan un concerto en dous tempos de Paco Cerdeira "Pakolas", que mesmo compuxo unha cantiga para o evento, e Teatro dos Ghazafelhos actuarán como mestres de cerimonia con toda a súa xenialidade.

Convoca a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. (Na imaxe Maio de Canido-Ferrol)

Cultura

Publica o teu comentario agora