Aínda é posible o ascenso

Chechu Piñeiro agradeceu á afección o seu apoio incondicional.
29 de Abril, 2019 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlio non puido co Valdoviño pero o ascenso non está descartado de todo.

ESCOITA O PODCAST:

Agradecido cos seguidores amosouse o técnico do Perlío, Chechu Piñeiro. “Onte non gañamos no campo pero sí gañamos por goleada, grazas á afección. "Caranza encheuse de Perlio" afirmou o adestrador. (a imaxe o demostra). O Perlio non logrou sentenciar onte o ascenso de categoria fronte ao Valdoviño que despregou moito perigo polas bandas e venceu por 2-1.

O Perlío aguantou ben no primeiro tempo pero no minuto 23 recibiu o primeiro gol en contra. Isma empatou xa no primeiro tempo. O Perlio encarou a segunda parte co plan de aguantar e aproveitar as contras. No minuto 10 o gol do Valdoviño desfixo ao Perlío que, a pesar de quedar aínda media hora, non foi quen de reaxir e xerar algunha ocasión. Chechu Piñeiro vai analisar cos xogadores esta semana o que puido pasar.

A situación agora é clara. Para ascender na próxima xornada é preciso gañar o seu partido co Mugardos B e agardar unha derrota do Valdoviño. En todo caso, a segunda posición da dereito a xogar a promoción. Un encontro de ida e volta cun equipo coruñés que, de gañalo, mandaría ao Perlío á ansiada Primeira Galicia.

Deportes

Publica o teu comentario agora