Aberto o Luís Ksado de fotografía

Aberto o Luís Ksado de fotografía

28 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A Deputación de A Coruña abre unha nova edición do Premio de creación fotográfica Luís Ksado. Os interesados en participar na XI edición do premio de creación fotográfica Luís Ksado aínda poden facelo presentando os seus traballos antes do 29 de agosto na Deputación da Coruña.

Os participantes deberán enviar unha serie de entre seis e doce fotografías en formato 30x40 sen enmarcado. Ademais, non se admitirán imaxes de montaxes nin de manipulación dixital.

O gañador, que o ano pasado se alzou co premio entre máis de 170 propostas, obterá 6.500 euros. Na X edición o gañador foi Amador Lorenzo con  “Tudo isto e fado” e anteriormente tamén conseguiron este galardón Diego Vergés Requejo e Javier Arcenillas.

Este premio da Deputación que alcanza xa a súa XI edición ten por obxectivo fomentar a difusión das artes da imaxe ao tempo que honra a memoria dun personaxe tan representativo e relevante neste ámbito como foi Luís Ksado.

Cultura