Aberto o prazo para as excursións do Imserso

Aberto o prazo para as excursións do Imserso

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Oficina Integral da Discapacidade do Concello de Ordes quixo poñer en coñecemento de todos os veciños e veciñas do municipio que todavía está aberto o prazo para solicitar un turno de Turismo ou Termalismo do IMSERSO para persoas con calquera discapacidade superior a un 33%. Tal e como explicaron dende este departamento municipal, esta iniciativa está dirixida preferiblemente, a persoas cunha discapacidade a partir do 50%, maiores de 16 anos e que non disfr

En canto aos destinos e datas das viaxes dispoñibles, os que prefiran a praia poderán solicitar como destinos Almuñécar do 2 ao 10 de maio, Fuengirola do 13 ao 21 de maio, Gijón do 23 ao 31 de maio, Salou do 22 ao 30 de maio e La Manga del Mar Menor do 3 ao 11 de maio.

Para os que prefiran balnearios poderán optar a unha estancia do 9 ao 20 de maio no Balneario de Arnoia, e do 18 ao 29 de abril no Balneario de Archena en Murcia. Por último tamén hai dispoñibles outros dous destinos, Arguineguín en Gran Canaria do 14 ao 23 de abril e Praia Cala Millor en Mallorca do 30 de abril ao 9 de maio.

Para máis información acerca desta convocatoria de viaxes do IMSERSO, os interesados poderán acudir á Oficina Integral da Discapacidade do Concello de Ordes, situada na planta baixa da Casa Consistorial, en horario de mañá, e anotarse con dous meses de antelación á saída da viaxe.

Sociedade