Aberto o prazo para inscribirse no maratón deportivo do Castelo Deporte

Aberto o prazo para inscribirse no maratón deportivo do Castelo Deporte

05 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A aldea de Castelo, no Concello de Culleredo, acolle a quinta edición do Maratón Deportivo Castelo Deporte. Dous campionatos paralelos, un de fútbol e outro de tenis, e actuacións musicais son algúns dos contidos de todo o que está programado para este mes de agosto. O número de participantes nos campionatos agárdase que sexa numeroso e é que cada ano son máis as persoas que se interesan pola iniciativa. O 26 de agosto a festa do deporte

Xa está aberto o prazo para inscribirse no maratón de seis días da Asociación Castelo Deporte. En total, ata 32 equipos de fútbol e 16 xogadores de tenis poderán formar parte desta festa do deporte, onde o que se pretende transmitir é que o importante non é gañar sempre, senón facer novas amizades e aprender o valor do compañeirismo entre xogadores. A quinta edición preséntase con novidades nas infraestruturas, xa que durante estes últimos meses foron varias as construcións que se melloraron.

a festa inclúen tamén actividades paralelas, como o Castelo Music Festival, que ofrece media ducia de actuacións o 26 de agosto. A quen lle apeteza, poderá acampar pola zona, nos espazos habilitados para a celebración. 

Sociedade