Aberto o prazo para o segundo cuadrimestre da Universidade Senior

Aberto o prazo para o segundo cuadrimestre da Universidade Senior

16 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Universidade Senior de Momán e Xestoso abriu o seu prazo de matrícula para as tres novas materias que compoñen o segundo cuadrimestre. O seu acto oficial de inicio será o día 25 de febreiro na Fundación Sotavento e asistirán a directora da UNED de A Coruña, Susana Blanco, o Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Xunta de Galicia, Rogelio Fernández, adem&aacut

Aqueles alumnos que estean interesados en cursar estas novas asignaturas terán tempo de formalizar a súa inscrición antes do 20 de febreiro. Para elo, poden acudir á páxina web www.xestoso.es/senior.pdf, ou nos propios concellos de Xermade e Guitiriz e entregalos na aula da Uned Senior. Os cursos ofertados para os meses de marzo, abril, maio e xuño serán Cambio Climático,Patrimonio Artístico e Servicios Sociais e sanidade.

A Universidade Senior é unha iniciativa do Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás e do párroco Luis Rodríguez Patiño, para que a poboación de mais de 55 anos poda acceder, cursar e obter unha formación superior. No primeiro cuadrimestre foron 106 os alumnos que se decidiron a estudar unha diplomatura universitaria.

Sociedade