Aberto o prazo para solicitar a colocación de terrazas en Guitiriz

Aberto o prazo para solicitar a colocación de terrazas en Guitiriz

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Guitiriz levará a cabo unha campaña informativa dirixida aos establecementos hostaleiros que desexen poñer unha terraza na vía pública. Aqueles bares, pubs ou restaurantes que estean interesados en colocar esta opción na vila deben tramitar o permiso correspondente, que se pode solicitar nas oficinas da Casa Consistorial e aboar as taxas estipuladas.

Desde o Concello se informa que, no caso de instalar terrazas sen a pertinente autorización, a Policía Local levantará un parte de infracción que conlevará unha sanción municipal ou a retirada das mesmas.

Ademais, a concelleira responsable de esta área, Francisca Espiñeira, tamén lembrou a todos os propietarios dos locais que conten con terrazas que están obrigados a manter limpo o espazo público que ocupen, o seu contorno inmediato, así como as propias instalacións. A limpeza das mesmas debe facerse diariamente có fin de evitar a existencia de residuos que poidan espallarse fóra da área ocupada.

Reunión sobre compostaxe

Guitiriz organizará unha reunión informativa sobre a elaboración da compostaxe doméstica para o vindeiro martes 7 de abril ás 17:00 h na Casa do Concello, onde se tocarán temas como a elaboración do compost e os seus empregos como abono en xardinería, agricultura u horticultura.

Os interesados en empregar esta forma de abono poden solicitar un composteiro no departamento de medio ambiente do Concello.

Sociedade