Abre en Ferrol a Feira de artesanía, comercio xusto e produtos ecolóxicos

Abre en Ferrol a Feira de artesanía, comercio xusto e produtos ecolóxicos

16 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Festas, Susana Martinez Galdós inaugura ás cinco desta tarde a Feira de Artesanía en Ferrol.  Ata o vindeiro 5 de xaneiro o Cantón de Molíns acollerá unha feira de artesanía, comercio xusto e produtos ecolóxicos, que abrirá as suas portas de 11.00 a 14.00 horas, e de 17.00 a 21.00 (pechará o 25 de decembro e o 1 de xaneiro).Un evento solidario, organizado pola asociación de artesás e artesán

Así, a partir do luns 19 até o día 4 de xaneiro, os artesáns levarán a cabo diante do público traballos de pintura en tela, escultura en barro, repuxado en coiro ou confeccionaran pendentes, broches e bixutería con coiro, feltro, alpaca e outros materiais. Estes obradoiros demostrativos terán lugar entre as 18.00 e as 19.00 horas, e o obxectivo é que a xente que se achegue ao Cantón de Molíns a visitar a feita aprenda como traballan estes artesáns. Do 23 ao 4 de xaneiro sucederanse os obradoiros participativos, entre as 12.00 e as 13.00 horas. Neles, os visitantes á feira poderán aprender a fabricar accesorios para escritorios en bambú, a decorar caixas con arxila polimérica, a facer pulseiras de coiro troqueladas, miniaturas de animais en barro, figuras de árbore de Nadal ou, incluso, a elaborar unha queimada.

As Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento (ONGD) Mundo Cooperante e Solidariedade Internacional e a Cooperativa Consumo Responsable A Xoaninha, tamén colaboran neste evento. Con cada compra que se faga durante a feira entregaráse unha rifa para o sorteo dunha cesta, con produtos do propio mercado, o martes 3 de xaneiro ás 20.00 horas. Ademais, durante toda a xornada do vindeiro sábado, día 17, terá lugar no Cantón unha chocolatada solidaria “Un chocolate por Paula”, a nena de Boiro que naceu padecendo a Agnesia Sacra e necesita os cartos para afrontar os custos da operación que lle permita camiñar.

Sociedade