Abren os centros de día

Abren os centros de día
06 de Xullo, 2020 - 11:13 h. | Publicada por Radio Fene

Afago reabrirá o dia 15 de xullo despois de catro meses sen poder prestar os seus servizos ás persoas maiores e dependentes. O protocolo é estricto pero están preparados.

ESCOITA O PODCAST:

Os centros de día abrirán por fin o 15 de xullo. A presión dos familiares e dos propios usuarios, tamén dos centros ou que cadren as eleccións. Todo sumou para que finalmente os centros como Afago de Fene acollan aos seus usuarios o mércores da próxima semana. Ruben Fontenla, responsable do centro de día Afago é coñecedor de que durante os meses que durou o peche do centro “Houbo retrocesos. Dous usuarios nosos empeoraron e xa non volven porque tiveron que ser ingresados en residencias. Tamén houbo accidentes domésticos, caídas por quedar sós mentres os familiares ían traballar”. O protocolo da reapertura será moi estrito.
En Afago adaptáronse á nova situación e todo está preparado para recibir aos usuarios dos que algún será novo. Antes da crise sanitaria, Afago acollía a 26 persoas a tempo completo das 38 prazas das que dispón. A media xornada ten capacidade para acoller a 76 persoas. Estimulación cognitiva, rehabilitación física, fisioterapia, talleres de trinta modalidades, transporte a todos os concellos da zona e podoloxía e perruquería, compoñen a oferta terapéutica e de servizos do centro da Avenida Marqués de Figueroa. Os centros de día quedaron para o final por atender persoas de alto risco pero finalmente abrirán as súas portas o día 15 de xullo e poderán seguir dando maior calidade de vida a estas persoas que precisan dunha atención especial.

Sociedade

Publica o teu comentario agora