Abrente

A colección contén 58 obras de 29 autores.
04 de Setembro, 2019 - 02:03 h. | Publicada por Radio Fene

Dase a coñecer publicamente por primeira vez a "Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos '70" pertencente ao Museo Etnoloxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico en Ribadavia inaugúra a mostra plástica da agrupación cultural Abrente: "Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos '70". Será este venres 6 de setembro ás 20.30 h.  Abrente foi una asociación cultural que desenvolveu en Ribadavia una intensa actividade cultural entre os anos 1969 e 1983. Esta asociación dispuña dunha razoable colección de arte procedente da doazón de obra que lle facían os artistas para contribuír co importe da súa venda á financiación das actividades da asociación, ou simplemente para decorar a súa sede social. A colección contén 58 obras de 29 autores.

Dado o seu volume, a exposición da colección terá lugar en tres fases: a que se inaugura agora, unha segunda será en febreiro coincidindo coa presentación do catálogo da colección e unha terceira que terá lugar entre xuño e setembro de 2020. No momento da súa disolución tomaron o acordo de depositar tanto o seu arquivo como a obra plástica da que dispuñan no entón Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia, hoxe Museo Etnolóxico. Isto tivo lugar no ano 1986 e dende entón esta colección non ten sido exposta; así que como se cumpre o 50 aniversario da fundación de Abrente, tense decidido expoñer estes bens como homenaxe a esta asociación e para goce da cidadanía en xeral.

Cultura

Publica o teu comentario agora