A A.C. Aturuxo de Boiro convida aos veciños do Barbanza ao primeiro aniversario do local social

A A.C. Aturuxo de Boiro convida aos veciños do Barbanza ao primeiro aniversario do local social

13 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Local Social Aturuxo, situado na Rúa Principal, nº 118 de Boiro, celebra o sábado 21 de marzo o seu primeiro aniversario. Unha conmemoración que incluirá a partir do mediodía festa con charanga e sesión vermout na praza do Concello. Ás dúas da tarde realizarán un xantar autoxestionado e os que queiran tomar parte da comida deberán anotarse a

A Asociación Aturuxo é un grupo de rapaces e rapazas que buscan dinamizar o tecido asociativo e cultural do Barbanza. Os seus obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e o movemento social ante a desgaleguización que sofre o país, así como a loita contra as inxustizas. Igualmente, os seus responsables aseguran que ofrecen unha alternativa lúdica, diferente ao que nos ten acostumados esta sociedade de consumo.

 

Sociedade