Acabánse as exposicións sobre Morrer de amor

Acabánse as exposicións sobre Morrer de amor

24 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A doble exposición sobre a historia do erotismo fecharáse o vindeiro domingo en Madrid. Ata entón pode visitarse no Museo Thyssen-Bornemisza (Da tentacion ao sacrificio) e na Fundación Caja Madrid (O soño eterno). O ensaio de Georges Bataille, As bágoas do amor, utilízase como fio conductor desta reflexión sobre a beleza, o desexo e a dor.

A exposición do Thyssen traza un percorrido pola historia do erotismo na arte occidental. Desde o Barroco, con obras de Rubens e Bernini (sXVII) ao movemento surrealista (S.XX); aínda que son os artistas do século XIX, Canova, Ingres, Delacroix, Millais, Moreau ou Rodin, os que están mellor representados.

Georges Bataille, un dos máis controvertidos intelectuais franceses de principios do século XX, titulou As bágoas de Eros a un estraño e evocador ensaio de estética que reflexiona sobre a beleza, o desexo e a dor. Este libro publicouse en 1961, pero a relación entre o erotismo e a morte é desde o Romanticismo unha obsesión constante entre filósofos, psicólogos e artistas. Herdeiro desta tradición - á que tamén pertenceron os surrealistas -  Bataille despregou ao longo da súa carreira un profuso discurso sobre todo tipo de parafilias con sorprendentes momentos de lucidez.

A través de mitos como o de Venus e Adonis, ou o de Apolo e Jacinto ou o Soño de Endimión sublíñase a similitude que ao longo da Historia os artistas viron entre a morte e a éxtase amorosa. O espectador comprenderá mellor que nunca o que quere dicir a expresión "morrer de amor", porque dalgunha maneira determinados romances só poden chegar á súa plena realización máis aló da vida.

Sociedade