Acabou o rebacheo

Foron máis de 35 actuacións
13 de Setembro, 2019 - 08:40 h. | Publicada por Radio Fene

Na parroquia de Fene realizáronse catro actuacións; seis en Barallobre; cinco en Magalofes; seis en Maniños; cinco en Perlío; dúas en Sillobre; e sete en Limodre.

O Concello de Fene vén de rematar as actuacións previstas no plan de rebacheos realizado en diversas pistas e camiños das diferentes parroquias. Contemplou máis de 35 actuacións que dispuxeron dun orzamento de 35.859,56 euros. Os traballos consistiron nun rebacheo de firme asfáltico. Actuouse en varias pistas do concello co obxectivo de acondicionalas, atendendo así ás demandas dos veciños ante o estado das mesmas.

Na parroquia de Fene realizáronse catro actuacións; seis en Barallobre; cinco en Magalofes; seis en Maniños; cinco en Perlío; dúas en Sillobre; e sete en Limodre, segundo as previsións deste plan de rebacheo.

En Fene actuouse sobre os camiños de San Paio e de Chamoso Alto, en Casa Vella e na subida a Lubián.

En Barallobre rebacheáronse os camiños Loira Castro, Nogueirido, Polígono a Cementerio, Romariz a Pomba, Souto Grande e Estrada de Romariz.

En Magalofes, os traballos afectaron a Fontenova, a entrada ao camiño das Picas pola CP3503, o tramo entre o camiño das Picas e Fontenova, e de Fontenova ao Redondo.

En Perlío, o plan de rebacheo chegou aos camiños de Mundín- Centieiras, dos Carballás e o de acceso ao campo de fútbol. Ademais, traballouse na estrada da Pía Municipal e en Matadora.

En Sillobre, actuouse na Costa das Agrochás e en Marraxón.

En Limodre, os traballos executáronse entre Campanario e Cornido e entre Campanario e Prismos. Tamén nos camiños do cementerio, O Forno, O Cotillón e o paralelo ao Polígono-Limodre. Rachabordos e O Castelo son as localizacións que completaron as actuacións nesta parroquia.

En Maniños, o plan de reparación de baches executouse nos camiños Piñeiro Manso (na imaxe) da Garita, Beiramar, Terreiro, na zona do campo de fútbol O Pote e en As Arangas.

Institucional

Publica o teu comentario agora