Acabouse o proceso

A CIG gaña as eleccións sindicias ao comité de empresa do concello de Fene
10 de Maio, 2019 - 02:38 h. | Publicada por Radio Fene

A central sindical nacionalista faise con 5 delegados/as que conformarán o órgano de representación do persoal laboral.

Nas eleccións sindicais para representantes do persoal laboral participaron un total de 32 traballadoras/es dun censo total de 34 traballadoras/es, o que supón unha participación do 94 %. A CIG suma este bo resultado ao éxito acadado fai unhas semanas nas eleccións sindicais para representantes do funcionariado onde cunha participación do 95,16 % fíxose con 3 representantes cun 66% dos votos.

A CIG quere agradecerlle ao persoal laboral do Concello o seu apoio nestas eleccións que nos permitiu revalidar a maioría e a unidade dos traballadores municipais fronte á imposición do actual goberno municipal co apoio e a complicidade dunha parte da representación sindical. Os/as representantes da CIG imos seguir traballando arreo para promover un clima de diálogo, boa fe negociadora e respecto mutuo que nos permita establecer e sentar as bases de futuros acordos sobre todos aqueles temas que incluímos no programa co que concorremos a estas eleccións.

Institucional

Publica o teu comentario agora