Acabouse a primeira parte

Cultural Maniños 4- Barallobre 1
25 de Novembro, 2019 - 02:15 h. | Publicada por Radio Fene

Para o técnico do Barallobre, foi un partido de baixa intensidade. O mister do Maniños, fala de boas sensacións.

ESCOITA O PODCAST:

Ninguén gozou en Maniños. Pero nin ao Cultural Maniños nin ao Barallobre se lle esquenceu xogar ao fútbol.

En partido da Segunda Galicia xogado na tarde do sábado no campo do Pote, os dous conxuntos esforzáronse en recuperar unha versión digna para complacer ás afeccións máis entregadas que se achegaron ás instalacións de Maniños a pesar do mal tempo. “Ninguén se xogaba nada e por iso foi un partido de baixa intensidade, lento” afirma o adestrador do Barallobre Óscar Varela. O equipo do Ramo presentouse con dezaseis xogadores, algúns con molestias, e quería pechar a primeira fase da Liga canto antes.

No minuto un o Maniños marcou un gol en propia meta e iso puido modificar o guión do partido nun derby descafeinado, apunta o técnico do Maniños Pablo Mesa. Pero xa no minuto tres igualou o equipo local e no trinta colocouse por diante. “A pesar de ser un partido sen alicientes, logramos facer circular o balón con fluidez e rematamos os noventa minutos con boas sensacións” apunta o técnico do Maniños Pablo Mesa. A segunda fase da Liga da Segunda Galicia de fútbol comezará o domingo oito de decembro.

Deportes

Publica o teu comentario agora