Acción e gargalladas aseguradas no primeiro espectáculo do grupo de teatro “Siro López”

Acción e gargalladas aseguradas no primeiro espectáculo do grupo de teatro “Siro López”

23 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nova actuación do grupo de teatro Siro López, desta vez no CMI Unidade de Fene. A velada comezará ás oito e media do serán, representándose a obra “A derradeira ocorrencia”, versión galega de “O asento da verdade” de Frigyes Ka, e baixo a dirección de Carlos Basoa.

Iria Romero, Noelia Sánchez, Sara Couce, Ana Lado, Juan Díaz e Natalia Alvariño, forman na actualidade o grupo de Teatro Siro López. A formación, vencellada ao Círculo de Perlío, naceu a finais de 2008. Prácticamente un ano despois, en novembro de 2009, estreou o seu primeiro espectáculo, “ A derradeira ocorrencia”, peza en tono de comedia na que se fala dos enredos da vida municipal.

Segundo Noelia Sánchez, a montaxe da obra non foi doada porque é unha peza que ten “moito ritmo e moita acción”. Ademais, engade Iria Romero, require de “moita cara” por parte dos distintos actores e actrices que suben ao escenario.

Atrevida, divertida, morbosa…Son algúns dos cualificativos que se poden aplicar a esta obra de teatro, “ A derradeira ocorrencia”. Represéntase ás oito e media do serán no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene.

Sociedade