ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha novos mecanismos para consolidar o “Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero”, elaborado no ano 2008 entre diferentes organismos. Así, esta semana celebrábase unha reunión na Casa do Concello de Ordes, na que estiveron presentes o alcalde, Manuel Regos, o concelleiro de Servizos Sociai
Esta comisión, que se reunirá de maneira trimestral, constará ademais de diferentes grupos de traballo que estarán compostos por representantes dos diferentes organismos dependendo da temática a tratar en cada momento.
Por outra banda, e como complemento e reforzo a esta actividade e ao protocolo, hoxe mesmo celebrouse no Centro Comarcal de Ordes unha xornada formativa que estivo dirixida ao personal das institucións implicadas, co fin de que coñeceran todas as novidades e información acerca desta problemática, centrándose sobre todo, nas mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero e a trata de persoas con fins de explotación sexual.
Outra das actuacións que completarán este conxunto de iniciativas, será a elaboración de dípticos, dirixidos especialmente a mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero. Uns dípticos que se editarán en varios idiomas, castelán, inglés, francés e árabe, e nos que se recollerán diferentes cuestións como o que é a violencia de xénero, tipos de maltrato, a onde se pode acudir no caso de ser unha vítima, dereitos e axudas das que se dispón como vítima e outras cuestións de especial interese para estas mulleres.
Con estas iniciativas o Concello de Ordes fai unha clara aposta para loitar contra a violencia de xénero, intentando facer partícipes a todos os organismos implicados. Así, tal e como explicou o edil de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes, José Manuel Tobío, “esperamos que o esforzo compartido dos organismos públicos na loita contra a violencia de xénero e a atención ás vítimas contribúa, na medida do posible, a diminuir esta lacra social”.