Accidente mortal no Polígono de O Ceao en Lugo

Accidente mortal no Polígono de O Ceao en Lugo

23 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Unha persona faleceu e outra resultou ferida nun accidente na estrada N- VI ao seu paso pola cidade de Lugo. O sinistro producíuse arredor das oito da mañá no Polígono de O Ceao ao colidir un turismo e unha furgoneta. O impacto foi tan brutal que se precisou da intervención dos bombeiros e dun equipo de excarceración para liberar á vítima mortal da ferralla do seu coche.

O finado foi o conductor da furgoneta e aínda se descoñecen os datos sobre a súa identidade. O conductor do turismo, un varón de 21 anos, B.M.R, resultou ferido de gravidade e foi trasladado ao Hospital Xeral de Lugo. O suceso provocou grandes retencións neste punto da N-VI, máis agora xa está restablecida a circulación agás nun carril. O grupo de atestados continúa na investigación para esclarecer a causa da colisión.

Sociedade