Aclaracións do alcalde de Fene sobre a Xuntanza de palilleiras

Aclaracións do alcalde de Fene sobre a Xuntanza de palilleiras

25 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene, desmentiu esta mañán en radiofusión que a débeda do concello co CPS, sexa a razón pola que non se organiza este ano a Xuntanza de Palilleiras. Segundo manifestou Iván Puentes, a directiva ten outros motivos alleos ao concello.

Iván Puentes, que mantivo contactos coa entidade de San Valentín nos últimos meses, afirma que a actual directiva non está disposta a organizar a Xuntanza e lle propuxeron ao concello que a organizasen eles, cousa que non se asumíu. Puentes afirma que estarían, en todo caso, dispostos a colaborar pero non a levar o peso da organización.  Asegura que as razóns da directiva do CPS de non celebrar a Xuntanza son outras e nada teñen que ver coa débeda.

En relación coa débeda, o alcalde non está dacordo coas cifras que se barallan e das que informamos onte nesta mesma páxina, facilitadas por un directivo do CPS . Insiste Iván Puentes que a factura que reclama o CPS do ano 2007, no concello non consta, e que a débeda contraída no 2009 é coa empresa e non co CPS.

Sociedade