Actividades para a solidaridade

Actividades para a solidaridade

02 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tai chi, ioga para adultos e informática. Serán algunhas das actividades que se poderán practicar esta tarde no Espacio Vivo de Ferrol (A Coruña). Tamén se impartirán terapia para fibromialxia, ioga para nenos, contacontos, baile para nenos, teatro, inglés e risoterapia.

Todo con carácter gratuito. En solidaridade coa plataforma de afectados pola hipoteca pídese que se realicen aportacións de produtos básicos, de roupa e calzado, hixiene persoal, fogar, alimentación básica. A participación vai ser importante. A xornada solidaria coas persoas afectadas pola hipoteca comezará ás catro desta tarde. No Espacio Vivo, na rúa da Terra, 14, esquina coa rúa do Sol.

Sociedade