"Acusados" (Telecinco, 22.15 h.)

"Acusados" (Telecinco, 22.15 h.)

28 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Se xogamos ás adiviñas e dicimos que a emisión de Telecinco desta noite trata de políticos, tribunais e corrupción, pensariamos que “La noria” programaba unha nova edición especial sobre o Caso Malaya. Erro grave. Calquera que sexa un pouco espelido daríase conta de que no cóctel de elementos falta unha folclórica ou outro personaxe da prensa rosa para que a nosa suposición fose verosímil. Nos últimos tem

Blanca Portillo, a muller que, logo de “Alatriste”, eu xa só podo imaxinar como Torquemada; José Coronado, o paladín do bífidus e, como di o chiste popular, o home que mellor caga de España; Goya Toledo, actriz pouco pródiga, o cal se ten por unha virtude; e Silvia Abascal, quen, entroutras moitas cousas, foi unha gran Dona Inés para Don Juan. Todos eles forman parte do elenco desta historia na que unha xuíza implacable, Blanca Portillo, investiga a presunta relación dun empresario metido a político (Coronado), coa propiedade dunha discoteca na que morreran seis mozos nun incendio. Como boa trama de misterio, ningún dos personaxes é o que aparenta ser e todos eles teñen motivacións ocultas que sairán á luz durante a investigación.

Tanto por calidade actoral, como pola proposta, a serie ten vimbios para ser un éxito, pero o mesmo se podía dicir de “Lex”, outra de pleitos con Javier Cámara que se esnafrou en Antena 3 á primeira oportunidade. Avisados quedan os guionistas de que gracias as desputas legais dos famosos e aos masters intensivos en dereito penal e civil que nos ofrecen Chelo García Cortés, María Patiño e outros cronistas da prensa rosa-xudicial, moito nos hai que sorprender para engancharnos con historias de tribunais. Os “Acusados” de Telecinco prestan declaración ás dez e cuarto da noite.

Sociedade