Adaptado na oposición

Adaptado na oposición
02 de Marzo, 2020 - 09:55 h. | Publicada por Radio Fene

O PP fará unha oposición constructiva e estará vixiante de que non se cometan irregularidades, en palabras do exalcalde, Gumersindo Galego, no espazo As Foxas de Radio Fene. Galego manifestou estar perfectamente adaptado á nova situación.

ESCOITA O PODCAST:

A mellora do camiño inglés ao seu paso entre Gerardo Díaz e Santa Ana; o derribo de Fondomar ou o paso elevado entre Marqués de figueroa e a rua da Torre en Perlío para salvar a vía do tren. O Punto limpo e a adaptación do PXOM á nova lei do solo. Son cinco proxectos que o goberno do PP de Fene deixou pendentes para o novo executivo, en palabras do exalcalde, Gumersindo Galego, quen no espazo As Foxas falou tamén do reparto de funcións do tripartito, do reparto das adicacións e da oposición contructiva e vixiante que van facer no futuro.

Como non é a primeira vez, Galego di que se adaptou perfectamente á nova situación, ao cambio do segundo onde se encontra a alcaldía ao terceiro andar onde está a sede do grupo municipal dos populares. Como a moción se fixo “só como vinganza” e non pola inacción do goberno do PP como decía a oposición, Galego está tranquilo. De feito o mesmo dia do pleno da moción de censura, o dia 7 de febreiro, o PP deixou en herencia unha revista coas obras realizadas nos nove meses do seu goberno.

Agarda Galego que se rematen as obras do POS 2018 e se executen as do 2019 que eles deixaron xa preparadas. Á pregunta de como ve o novo organigrama municipal e aos novos responsables das diferentes áreas de traballo, Galego non pon pega a non ser a área de obras e servizos que precisa moita presencia e que el non ve, segundo afirmou nas Foxas.

As dedicacións repartidas entre tres edís provocan no exalcalde dous comentarios; o primeiro referido ao 60% de dedicación de Juventino Trigo que debera ser do 100% "como Fene se merece" declarou Galego; e o segundo, referente á portavoz do grupo socialista, afirmando que "xa ten o que quería". “A oposición do PP será constructiva e vixiante de que non se cometan irregularidades como no pasado goberno do BNG”, sentenciou Galego.

Institucional

Publica o teu comentario agora