ADEGA advirte contra a sobreexplotación hidroeléctrica do Xallas

ADEGA advirte contra a sobreexplotación hidroeléctrica do Xallas

11 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O colectivo ecoloxista ADEGA denuncia que a empresa Ferroatlántica pretende executar no río Xallas os aproveitamentos hidroeléctricos de Novo Castrelo, Fervenza II e Ponte Olveira II. A organización lembra que os trámites destas minicentrais foron iniciados na era Fraga e rematados polo bipartito, malia á moratoria das minicentrais e a aprobación da iniciativa lexistativa popular en defensa dos ríos en 2006. Agora ADEGA critica que o conselleiro de Med

A organización presidida por Adela Figueroa acusa nun comunicado a Ferroatlántica de ser responsable dunha das meirandes catástrofes ecolóxicas nos ríos galegos (a morte de milleiros de peixes no encoro da Fervenza no verán de 2007) e do estragamento da fervenza do Ézaro. No texto, Adega anuncia que a empresa executará tres novas minicentrais “que farán do Xallas un dos ríos máis intensamente turbinados da península, con 8 aproveitamentos en 9 km de río, alén de degradar definitivamente a Devesa do Anllares, o segundo bosque atlántico en extensión da provincia da Coruña”.

O Xallas é actualmente o sistema fluvial con maior potencia instalada dentro dos sistemas de explotación hidroeléctrica dentro das bacías competencia da Xunta. Son 134 MW que supoñen o 28,13% da potencia instalada en Galiza-Costa repartidos en catro centrais, sendo o da Fervenza o maior en canto a ocupación en hectáreas. Coa posta en funcionamento destes novos aproveitamentos superarase a capacidade de recuperación ambiental do río, estragando definitivamente os seus valores ecolóxicos, advirten os ecoloxistas.

Sociedade