ADEGA reclama a suspensión da caza nas zonas afectadas polo lume

ADEGA reclama a suspensión da caza nas zonas afectadas polo lume

04 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Coincidindo cun acto do secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, no que amosou o compromiso do Goberno coa caza como modalidade deportiva no marco do comezo da tempada da disciplina, ADEGA reclama nun comunicado “a prohibición temporal da caza non só nas zonas queimadas senón tamén no seu perímetro xa que a fauna tende a refuxiarse nestas áreas”. É unha das medidas de choque contra os lumes forestais do ver&aac

Os ecoloxistas resolven que a Xunta mentiu deliberadamente verbo da afectación do lume nos espazos protexidos, especialmente no caso do Xurés. ADEGA acusa ao presidente Alberto Núñez Feijóo de “facer o ridículo anunciando que ‘os lumes son maioritariamente provocados’; e de deixar ir un lume (Laza) que en día e medio pasou de 15 (conato, segundo a Xunta) a 900 hectáreas (incendio de grao 2)”. Asemade, desbotan que se diga con acougo que a maior parte do queimado foi “monte raso”. Os hábitats de mato e uceiras do Macizo Central e Xurés foron sinalados pola Unión Europea como de protección prioritaria e chave para a conservación de especies animais como a aguia real e o lobo, salienta ADEGA.

“Só se acordan do monte cando arde”, láise o colectivo no seu comunicado, urxindo reformas estruturais na sociedade e no territorio para combater os lumes forestais. Pide que os espazos con valores naturais e protexidos sexan, despois das zonas habitados,  os pioritarios na loita contra o lume. Especificamente, ADEGA reclama actuacións sobre a bacía do río Navea, no Macizo central, e comprometer medios para a recuperación hidrolóxico-forestal e a protección das zonas queimadas fronte a erosión, evitando na medida do posible o uso de maquinaria pesada en espazos sensibles.

Sociedade