Adeus ao 2020 con maxia, ilusionismo e circo

Adeus ao 2020 con maxia, ilusionismo e circo
23 de Decembro, 2020 - 09:42 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Ferrol despide o ano 2020 con circo, maxia, música e ilusionismo. Todos os espectáculos serán presenciais no Teatro Xofre pero poderán verse tamén online.  As entradas de balde poderán recollerse en todos os casos, na billeteira do teatro, de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00h. 

Entre os días 26 e 30 de decembro pasarán polo Teatro Xofre:

Sábado 26 ás 18.30h. Gala Circo. Con Desastronauts, CircoChosco e Javo Jvichi. O circo é parte da tradición do nadal en moitos lugares do planeta. Propoñen unha completa e variada de gala de circo de nadal con varias das compañías máis destacadas do momento. Veremos acrobacias aéreas, malabares e equilibrios nun espectáculo con música en directo e con moito, moito, humor. Presentado por Dani Blanco, coa participación das compañías galegas Dsastronauts e Circo Chosco e co artista convidado Javi Jvichi presentamos unha das citas ineludibles neste nadal para toda a familia.

Domingo 27 ás 18.30h “Bravas, o rexurdir da luz” de Gramola Gominola” A Gramola Gominola, é un grupo de música infantil, flamantes gañadores do Premio Martín Códax dá Música 2018, confírmanse como a mellor banda de rock infantil do momento. Presentan novo traballo, un espectáculo de auténtico Roc&Roll que pon en valor as Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes.

Martes 29, ás 18.30h. Quimera. Pablo Méndez. Quimera é un espectáculo inspirado nunha visión fantástica da natureza, onde os soños e a mitoloxía entrelázanse. Calquera ilusión producto da imaxinación, por improbable que pareza, pode tornarse realidade. Mediante unha linguaxe visual e acrobática estímulase a imaxinación do espectador ata o final. Circo familiar. 

Mércores 30 decembro, ás 12.30h OBRADOIRO ONLINE Os fogares ferroláns converteranse nos anfitrións dun obradoiro de maxia impartido por varios magos profesionais. Este pequeno curso incluirá explicacións de pequenos efectos que as rapazas e rapaces poderán desenvolver dende as súas casas, coa colaboración da súas familias. Ademais, o festival creará un manual de instrucións para que as pequeñas e pequenos poidan practicar as súas habilidades máxicas ao longo das vacacións.

Ás 20.30h no Teatro Xofre Gala "Porta máxica"

Gala de maxia que reunirá a ilusionistas de diferentes estilos. Haberá unha especial presenza de artistas da nosa cidade e doutros puntos da xeografía galega. Neste espectáculo participarán: Samuel Moreno (Tomiño), David Maestro (A Coruña), Álex Louzao (Carballo), Colectivo Máxico Lorc & Julit (Ferrol), Martín Varela (Ferrol). E, por arte de maxia, pode que apareza algún artista máis!

Cultura

Publica o teu comentario agora