Adeus a Fondomar

A pista de Centieiras cubrirase probablemente nas vacacións do verán
22 de Febreiro, 2019 - 10:33 h. | Publicada por Radio Fene

Os técnicos municipais de Fene informaron favorablemente o proxecto de demolición das ruínas de Fondomar, que xa remitiron a Portos de Galicia. O alcalde prometera na Festa Mariñeira celebrada no peirao en 2018 que na próxima, que se celebrará en setembro, a zona estaría despexada. Hoxe na Fenestra declarou Galego que agarda que así sexa.

ESCOITA O PODCAST:

Fondomar

O alcalde Fene presidirá mañá en Barallobre o acto de presentación da Festa Mariñeira 2019. A propósito da festa mariñeira que se celebra no peirao de Barallobre en setembro, Gumersindo Galego anunciou que os técnicos municipais informaron favorablemente o proxecto de demolición de Fondomar elaborado por Portos de Galicia. Os presupostos da Xunta deste ano inclúen ese gasto, polo tanto a demolición dos restos de Fondomar está máis cerca.

Auga a Magalofes

Tamén está máis cerca a auga para a veciñanza de Magalofes. O único terreo adecuado para acoller os depósitos ten 2.500 metros, ten frente ao camiño e está legalmente rexistrado. O último paso foi tasalo e, unha vez que se acorde o prezo co propietario, so falta realizar a compra ante notario, afirmou Galego.

Cubrición pista Centieiras

As obras incluídas nos diferentes POS vanse executando con celeridade pero aínda quedan moitas por facer. O alcalde referiuse ás máis inmediatas que serán a rúa Xunqueira en Perlío, rúa Hortelá e unha parte da estrada que vai ao peirao de Perlío ata onde o concello ten competencia. Tamén se executará o saneamento en viais de Limodre ou o amaño de Porto do Río. Preguntado pola cubrición da pista polideportiva do colexio Centieiras, Galego responde que xa houbo duas mesas de contratación, que houbo atrancos polas baixas temerarias, pero que se todo vai ben, mesmo den as vacacións de verán podería empezar a acometerse a ansiada obra.

O alcalde de Fene anunciou a chegada inminente dos contedores marróns consecuencia de formar parte Fene do pacto polo clima. Ubicaranse preferentemente na zona urbana onde son máis necesaraios para desfacerse dese tipo de residuos. Tamén adiantou o inminente pintado das prazas de aparcamento de xona azul gratuíta así como das zonas de carga e descarga. Nas Foxas, Galego calificou de falta de asunción democrática o referendo celebrado onte pola CIG. Segundo as súas palabras, significa non aceptar as decisións da maioría, na mesa negociadora.

Institucional

Publica o teu comentario agora