Adeus Helena

Helena Sánchez faleceu nun accidente de circulación.
14 de Novembro, 2018 - 10:52 h. | Publicada por Radio Fene

Helena Sánchez participaba activamente en todas as causas xustas. Era habitual vela na rúa, en cada manifestación, xa fora contra a violencia machista, xa polos dereitos dos traballadores e traballadoras, xa por unha Galiza de seu.

Non ben nos faciamos eco da morte de Xosé Fernández Barcia, soupemos do pasamento de Helena Sánchez. Desde o Comité Cidadán de Emerxencia lamentan profundamente o pasamento de quen os acompañou sempre na loita pola legalidade, a Ría e a Vida. Tamén a Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra lembrará sempre a Helena Sánchez, compañeira, afirman, en todas as actividades en defensa dos dereitos das mulleres e contra a violencia machista. Sumámonos ás condolencias e apoio á súa familia. Collemos prestada unha imaxe de Xesús Anxo López Pintos con ela en Compostela. Seguro será o Día da Patria Galega ou algunha batalla xusta por Galiza.

Sociedade

Publica o teu comentario agora